viernes, 21 de junio de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

NOITE DE SAN XOÁN

San Xoán – Casco Vello


Venres 21: Charla sobre as hervas de San Xoán ás 21:00h. no Centro Cívico do Casco Vello na Rúa Oliva.
Sábado 22:  Recollida de hervas  de San Xoán dende o local da Asociación de Veciños de Candeán. 
Domingo 23:, Obradoiro de Danzas do Mundo as 22:00h. Aquelarre ás 23:30h. co  Bruxo Queimán e a partir das 24.00 h. encendido da tradicional fogueira de San Xoán. 

San Xoán – Beade ( Na explanada do instituto de Beade.)

Domingo 23: Ás 16.30 h. realizaranse diferentes xogos para os máis cativos e ás 17h. haberá inchables. De 20.00h. a 23.00 h. os asistentes poderán disfrutar dunha gran sardiñada e ás 23.00 h. comezará a actuación dunha orquestra. Ás  00.00 horas todos os asistentes podrán degustar unha queimada arredor da fogueira.

San Xoán – Alcabre ( Torreiro da Igrexa vella )

Domingo 23: A partir das 20.00 h. terán lugar as actuacións dos seguintes grupos:
-Escola de Pandereteiras Tarambainas de Lavadores 
-Pandereteiras Ghandainas da A.V.V. Nosa terra de Alcabre 
-Grupo Folclórico Nais de Anaquiños de Chapela 
-Grupo de Hip-Hop Verso Libre 
-Grupo musical Sehiva 

            Además tamén haberá animadores infantís e poderán degustarse sardiñas e chourizos asados. A medianoite terá lugar o encendido da fogueira de San Xoán. 

San Xoán – Balaídos (Explanada do estadio de fútbol )

Domingo 23: Degustación dunha Sardiñada Popular / Queimada. A noite estará amenizada pola orquestra Ceniza, que se encargará de animar a festa ata altas horas da madrugada. Ás 00:00h terá lugar o prendido da Gran Fogueira Virtual.

San Xoán  - Coruxo ( Torreiro da festa )



Domingo 23: Sardiñada amenizada polas Escolas de Música tradicional do CRACC e o grupo Zurrumalla a partir das 22.00h. Prendido da fogueira ás 00:00h. para espantar aos malos espíritus e dar comezo ó verán. 

San Xoán – Valladares ( Freixo )



Sábado 22 : Verbena á cargo das orquestras Quinta Avenida  e Alabama. 

Domingo 23:  ás 13.00 h. terá lugar a celebración da misa solemne seguida da tradicional procesión. A continuación a Banda Unión Musical de Valladares ofrecerá un concerto. 
Pola noite os asistentes poderán degustar unha gran sardiñada popular previa o comezo da verbena, que estará amenizada polo grupo Aramio e a Banda Unión Musical de Valladares. A medianoite encenderase a monumental fogueira e realizarase un espectáculo de pirotecnia.
Luns 24, Pasarúas a cargo da charanga Vaite Xa e ás 12.30 h. oficiarase a misa solemne en honor a San Xoán, cantada por unha coral. A continuación, terá lugar o concerto da Banda de Música de Matamá. Pola tarde, ás 17.00 h., Cucañas Musicais coa Orquestra Cé Pantasma e ás 20.00 h. terá lugar a actuación do grupo tradicional A Papuxa. e do Grupo de Gaitas de Matamá. Pola noite a verbena de fin de festa estará amenizada polas orquestras Saudade 73 e Amistad. 

ACTUACIÓNS MUSICAIS – CENTRO CULTURAL VALADARES


            Este sábado, 22 de xuño, tedes as actuacións de A Folla da Hedra e A máquina que mete medo, a partir das 21h. no Centro Cultural de Valadares.


Bo comezo de verán a todos!!

No hay comentarios: