sábado, 2 de junio de 2012

Galicia nas Terrras da Gaita

Gaiteiros de diferentes países de europa, diferentes culturas e diferentes formas de ver o folclore según a zona de onde proveñan...isto e moito máis e o que Galicia nas Terras da Gaita, nos  ofrecerá esta próxima semana que chega a Vigo.
Esta semana que comeza, o programa Galicia nas Teras da Gaita, estará en Vigo, do cal podremos disfrutar todos en diferentes puntos da cidade.Varios concertos serán os que ofrecerán os gaiteiros, que proveñen de diferentes zonas de europa.

O xoves día 7 de xuño, ás 21:30 da noite, no auditorio Atlántida de Matamá, ofrecerán un Concerto Didáctico, gracias o cal podremos observar as diferenzas entre as diferentes gaitas e as diferentes formas de tocalas.

O sábado, día 9 de xuño, ás 22:30 da noite, na Praza da Constitución podremos disfrutar dun concerto o aire libre dos diferentes grupos que participaron no programa Galicia nas Terras da Gaita.
Colaboran no programa: Concello de Vigo; Hirtenmusik in Europe; programa Cultura, D. G. Educación y Cultura; Vigo Vello; Gaiteiros da Xistra, XXV Aniversario e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

No hay comentarios: