lunes, 7 de abril de 2014

X Encontro Folclórico 2014 (Segunda Parte)

O "Encontro Folclórico" é un evento cultural xa consolidado e no que participan máis de 500 persoas, entre bailarís e músicos e que se desenvolve en catro escenarios diferentes. Son catro xornadas onde a protagonista é a cultura tradicional, expresada a través dos bailes que interpretan os 17 grupos folclóricos participantes nesta edición do 2014.

A cita é o próximo 26 de abril (sábado), ás 19:30h no Auditorio do Centro Cultural de Valadares, Vigo. E os encargados de facernos gozar son os grupos de baile Asubío, Queixumes, O Fiadeiro, Atlántida de Matamá e Ledicias de Valadares. A entrada é gratuita ata completar aforo. Agardámosvos.


martes, 1 de abril de 2014

II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Por segundo ano consecutivo a Asociación Cultural e Xuvenil Traspés, traballou na organización do Consurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés; axudando este a difusión da cultura na cidade de Vigo e sendo un empuxón para grupos de pandereteiros e pandereteiras que queren darse a coñecer.

Se che gusta o canto tradicional galego e tocas instrumentos de percusión tradicional, non dubides en participar neste concurso. O prazo de inscripción remata o 13 de Abril e podes consultar as bases na páxina web: www.traspes.com

Haberá tres categorías de participación segundo a idade:
Categoría A: ata 11 anos
Categoría B: de 12 a 16 anos
Categoría C: a partir de 17 anos

O día do concurso será o 27 de Abril, no auditorio cine Novagalicia de Vigo. Ese día os grupos de pandereteiras/as realizarán unha actuación de 5 minutos durante a que o xurado valorará a autenticidade, a dificultade, a afinación e a interpretación da peza que será tocada.

Este concurso é organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil Traspés e patrocinado pola Diputación de Pontevedra e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

viernes, 21 de marzo de 2014

X Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Gaitas, pandeiretas, canto tradicional, baile...pero sobre todo un gran espectáculo. Todo isto é o que nos espera na primeira parte do X Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos unha vez máis.

Este Domingo, 23 de Marzo, ás 18 horas, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, catro grupos folclóricos estarán dispostos a facernos disfrutar; a animarnos unha tarde de fin de semana cos seus bailes e a sua música.
Grandes actuacións nas que poderemos visualizar estilo, calidade pero sobre todo ganas de pasalo ben. Todo isto será a cargo dos grupos:
- Helios de Bembrive
- Froles Novas
- Corisco
- Traspés

Se queres pasar unha tarde de Domingo diferente, animada e rodeado de Cultura Galega, a cargo de grupos da nosa cidade. Non dubides en asistir a primeira parte do X Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

jueves, 13 de marzo de 2014

Coriso, 25 Anos Despois

Foi no ano 1987 cando un grupo de mozos decidiron montar unha asociación folclórico que foi medrando e mellorando o longo dos anos ata convertirse no que hoxe en día é a Asociación Folklórica Corisco.


Bailes, música, amizade e diversión son as palabras que poden describir os 25 anos de vida da Asociación Folklórica Corisco.
Pablo González, foi o impulsor do grupo dende o seu inicio, el é a persoa que consegue manter o espírito de Corisco vivo. Él coñece cada unha das historias que se viviron no grupo o longo deste tempo. Por iso decidiu reflexalo no libro "Corsico, 25 anos despois"

Un libro, que conta a historia do grupo dende o 1987 ata o 2012. Moitas foron as persoas que formaron parte deste grupo e que viviron moito do que se conta neste libro.

Se queres asistir a presentación deste libro e disfrutar duna entretida tarde en boa compañía, será este sábado, 15 de Marzo ás 19 horas, no Auditorio da AAVV Emilio Crespo de San Paio de Navia.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo quere desexarlle un feliz 25 Anivesario a este gran grupo, e esperar que chegue os 50 anos e moitos máis.

martes, 11 de marzo de 2014

I Festival de Canto Tradicional

O son dun instrumento tradicional como é a pandeireta, acompañado por preciosas voces de mulleres e homes galegos. Ninguén querría perder un concerto con estas características e desta calidade. Este sábado, ás 20:30 no auditorio do CVC de Valladares terá lugar o I Festival de Canto Tradicional.

O CVC de Valadares xunto coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizou para este sábado, 15 de Marzo o I Festival de Canto Tradicional.
Nel participarán catro grupos dispostos a  deleitarnos coas suas cantigas e a sua música. Grupos  formados por persoas, que despois de pasar o día traballando reúnense unhas horas de ensaio; preparándose así para os fantásticos concertos que sempre ofrecen.

As formacións que participarán no festival son:
- A Volta de Demo do CSCR de Beade
- Cantareiras da Pedra Moura
- Cantareiras do CVC de Valladares
- Grupo Tancareiras de Rivera Atienza

Como poderes ver grupos de gran calidade, para un certamen de gran calidade. 
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e o CVC de Valladares, invitámolos o I Festival de Canto Tradicional, esperando velos este sábado, 15 de Marzo, ás 20:30 horas no auditorio do CVC de Valladares.


jueves, 27 de febrero de 2014

Entroido Vigo 2014. Programación

En un día dará comezo unha das festas máis alegres e divertidas de Vigo. Unha festa que inunda a cidade de maxia e fantasía. ¡Vaite preparando porque o Entroido xa está aquí!

Mañá comenzarán seis días de festa para tódalas idades. Seis días de Entroido nos que disfrutaremos de concursos, desfiles, a queima do Meco, música, baile...
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo temos todo preparado. A continuación poderedes saber os horarios de tódalas actividades programadas para o Entroido de Vigo 2014.

- Venres 28 de Febreiro
Murgas, charangas, merdeiros e treboadas animarán as ruas dende a Praza da Constitución ata a rua Príncipe dende ás 19:00
A escola Municipal de Teatro actuará ás 19:30 na Praza da Constitución
Lectura do Pregón a cargo de Vigópolis ás 20:30 na Praza da Constitución
Espectáculo a cargo de Vigópolis ás 21:00

- Sábado 1 de Marzo
Actuación de murgas e charangas dende ás 17:00 ata ás 18:00
Gran desfile de Comparsas dende a rotonda de Isaac Peral, ata a Porta do Sol pasando por García Barbón dende ás 18:00
Gran verbena amenizada polas orquestas Claxon e Principal dende ás 22:00

- Domingo 2 de Marzo
Entroido Infantil na Praza do Rei de 17:00 a 20:00
Concurso de disfraces infantil individual e en conjunto de 18:00 a 20:00

- Luns 3 de Marzo
Entroido Infantil na Praza do Rei de 17:00 a 20:00
Concurso de disfraces individual e conxunto de 18:30 a 20:30

- Martes 4 de Marzo
Murgas e charangas actuarán polas ruas Príncipe, Plaza da Constitución, Porta do Sol e Praza da Princesa ás 19:00
Merdeiros animarán o Centro Histórico en horario de mañán e de tarde
Treboadas acompañarán a Queima do Meco dende ás 23:00 na Praza da Constitución
Gran Verbena a cargo da Orquesta Gran Parada dende ás 22:15
Queima do Meco ás 23:30

- Mércores 5 de Marzo
Exequias funerarias ás 18:00 na Praza da Constitución
Treboadas acompañando ás cinzas do Meco dende a Praza da Constitución, Porta do Sol, Rua Príncipe, Rua Colón, Policarpo Sanz e Plaza da Constitución
Enterro do Meco na Praza da Constitución ás 19:30
Entrega de premios de comparsas e carrozas

Como podedes Vigo vivirá un Entroido cargado de fantasía e novidades pero sempre mantendo un toque tradicional como é a recuperación da Figura do Merdeiro.
Non o dubidedes, rematade o voso disfraz e vide disfrutar do Entroido de Vigo 2014. ¡Esperámosvos!

martes, 25 de febrero de 2014

Entroido de Vigo 2014

Máscaras, traxes de cores, comparsas, música....pero sobre todo un ambente de baile e moita festa. O Entroido está a punto de comezar, a Agrupación de Centro Deportivos e culturais de Vigo xa temos todo listo, e ti ¿estás preparado?

Camiñando polas ruas xa se nota un aire de moita festa.. o Entroido dará comezo en tres días. As comparsas están rematando os seus bailes e os seus traxes; a xente cosendo e ultimando os detalles dos seus disfraces.
A cidade de Vigo está preparada para recibir unha das festas máis importantes. Unha festa na que todo o mundo pode participar, dende os máis novos ata os máis maiores disfrutan do Entroido.
Outro ano máis a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo somos organizadores desta festa. Xa levamos tempo traballando nela para que chegado o momento nada falle.O único que precisamos e que vós, teñades ganas de moita festa e moita troula.
Nos próximos días informaremos da programación do Entroido de Vigo 2014 ¡¡Estade atentos!!

jueves, 28 de noviembre de 2013

Fin de Semana Cultural

A semana está rematando e a fin de semana estase achegando, e con ela moitos actos e eventos culturais: teatro, Mostra Folclórica...están agardando por nós.

Semana de Teatro Afecionado de Vigo da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
Esta fin de semana será teatreira para a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. A semana de Teatro Afecionado de Vigo chega o seu fin, pero rematamos con duas representacións espectaculares de dous grandes grupos da cidade olívica.
O Sábado 30 de novembro, no CVC de Valladares, ás 20 horas o grupo de Teatro porta Aberta representará "O Achado do Castro". Unha gran obra que trata da época romana.
O Domingo 1 de decembro, no CSCR de Beade, ás 19 horas, o grupo de teatro Escoitade de Valladares representará a obra "A Fatídica festa do Ano da Serpe"

I Mostra de Baile e Música tradicional da Asociación Cultual Traspés
Un espectáculo de baile e música galego e que nos agarda este sábado ás 20:30 horas no Teatro- Cine Salesianos.
Anos e anos de traballo, de recollida polas catro provincias galegas ...Bailes, cancións e traxes que os nosos antepasados bailaban nas noites de festa e troula, é o que a Asociación Cultural Traspés nos mostrará este sábado.

II Mostra Folclórica da Diputación de Pontevedra
Cinco grupos da cidade de Vigo, están dispostos a facernos disfrutar dunha tarde de domingo; o 1 de Decmbro, ás 18 horas no Centro cultural de San Miguel de Oia.
Grupos de músicos, bailaríns e cantanreiras actuarán para todod nós na II Mostra Folclórica da Asociación cultural Traspés:
- Grupo Folclórico Andarela
- Grupo Folclórico Atlántida de Matamá
- Grupo de baile Cotogrande
- Asubío
- Asociación Folclórica Lembranzas Galegas


Como podedes ver, espéranos unha fin de semana repleta de actos e actividades de gran calidade.
A Agrupación de Centros Culturais de Vigo animámosvos a que vos achegades e disfrutedes dos grandes artistas que temos na cidade de Vigo.

jueves, 21 de noviembre de 2013

IX Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Bailaríns, canto e música galega...grandes actuacións de grandes grupos, que forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, actuarán este Domingo na cuarta parte do IX Encontro Folclórico.

O próximo Domingo, 24 de Novembro, ás 18 horas actuarán catro grupos dispostos a manter o nivel artístico vigués polo máis alto.
- Semente da Arte Galega
- Lembranzas galegas
- Andarela
- Queixumes

Animádevos todos a disfrutar dun fabuloso evento cultural como é o Encontro folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Este Domingo no Centro Cultural de Beade ás 18 horas.

jueves, 31 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

VII CICLO TEATRO AFECCIONADO
 "VALLADARES TEATRAL"


O grupo Teatrino Teatro presenta dentro do VII Ciclo de Teatro Afeccionado "Valladares Teatral" a obra A Tola do Barrio. Poderedes gozar desta representación, este sábado 2 de novembro as 20:30h no auditorio do CVC de Valladares. E a entrada é libre! Non volo perdades!




14º CERTAME DO HUMOR



Outra das iniciativas que este fin de semana pon en marcha o CVCde Valladares é o 14º Certame de Humor. Este evento desenvolverase durante varios días do mes de novembro: domingos 3 e 10 e sábado día 9.

Este sábado, primeiro día do certame, está como convidado Ramón Guamá e a actuación de Joey Mtnez e Alberto Taján

Se te ganas de pasar un bo anaco e rir non dubidedes en acudir este sábado ás 18:30h. A entrada é libre!


























SEMANA DE TEATRO AFECCIONADO DE VIGO 2013 DE ACDC


Un ano máis chega de novo a semana de teatro afeccionado de Vigo organizado pola agrupación de centros deportivos e culturais pero cunha modificación, e é que, malia que o nome continúa sendo o mesmo, este ano se vai desenvolver ao longo dos fins de semana do mes de novembro.

Nesta edición, os sábados 9, 16, 23 e 30 son as datas escollidas para o seu desenvolvemento. E vaise celebrar en varios auditorios de varios centros culturais.





  • Como xa comentamos, a primeira cita será o 9 de novembro na SCR Helios de Bembrive ás 20 h. Neste caso será o Grupo de Teatro Tarantela (CSRC Beade) o encargado de deleitarnos coa representación da obra: "O achado do Castro"

  • A segunda cita será o sábado 16 de novembro na SCDR Atlántida de Matamá ás 20 h. Neste caso será o Grupo de Teatro Rueiro de Coia o encargado de deleitarnos coa representación teatral da obra: "Comedia Bifida"

  • A terceira cita desta "Semana" do Teatro Afeccionado será o 23 de novembro no CCR Cabral ás 20 h. Neste caso será o Grupo de Teatro Atlántida de Matamá o encargado de deleitarnos coa representación da obra: "Visións dun cego"

  • E finalmente a última cita será o 30 de novembro no Cvc de Valladares ás 20h. Neste caso será o Grupo de Teatro Porta Aberta o encargado de deleitarnos coa representación da obra: "O achado do Castro"

Non volo podedes perder, é unha grande oportunidade para gozar do teatro no seu máximo esplendor e de forma gratuíta. 

Non hai escusas posibles para non ir!